Nesta
sección ofertarase a información das axudas que hai a nivel estatal
como por comunidade que poden ser de interese:
- Traballo e subencións para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local no ámbito de colaboración coas entidades locais.
Esta
orde ten por finalidade o establecemento das bases reguladoras, así
como a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das
axudas e subvencións para a contratación de axentes de emprego e
desenvolvemento local, no ámbito da colaboración da Consellería de
Economía, Emprego e Industria coas entidades locais, a través dos
programas de cooperación, como instrumento para promover a
configuración dunha rede especializada na implantación das
políticas activas de emprego e a xeración de emprego no contorno
local.
En
prazo de presentacion:Data límite:21/12/2015
- Educación: axudas para a adquisición de material escolar.
O
obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de material
escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria,
educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros
sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para
o curso escolar 2015/16, que non puidese acollerse ás axudas
reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo
solicitada a dita axuda, resultase excluído por unha causa
emendable.
- Educación: axudas para o inicio de estudos universitarios no curso 2015/2016 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
O
obxecto desta convocatoria é convocar, en réxime de concorrencia
competitiva, axudas destinadas a financiar os gastos derivados da
matrícula universitaria dos alumnos e alumnas que inicien estudos
universitarios no curso 2015/16 no Sistema universitario de Galicia
conducentes á obtención dun título oficial de grao.
O
prazo de presentación de solicitudes remata o día 28 de outubro.
- Traballo: Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
A
finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles
proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que
facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas
desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial
ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou
por conta propia.
Prazo
de presentación de solicitudes: ata o 19 de setembro.
- Traballo: subvencións para a promoción do emprego autónomo das persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas novas desempregadas que figuren inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil como interesadas en recibir as accións executadas no contexto da garantía xuvenil e que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de setembro.
- Programa Aluga
O IGVS considera a dinamización do mercado do aluguer un dos seus obxectivos prioritarios. Por isto establece unha serie de medidas que axudan, tanto ao propietario coma ao demandante de vivenda de aluguer, a satisfacer as súas necesidades respectivas.
- Axuda para o aluguer: Renda básica de emancipación.
Descrición:
O Instituto Galego de Vivenda e Solo é a encargada de tramitar as solicitudes. Os demandantes deberán dirixirse a calquera das oficinas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo ten nas sete grandes cidades do país, onde recibirá a información sobre todos os requisitos que debe cumprir o demandante e a documentación necesaria.
Enderezos
A Coruña: Ronda de Nelle, nº12 bis, 1º. 15005 A Coruña
Lugo: Praza Santo Domingo, nº 6 5º. 27001 Lugo.
Ourense: Rúa Curros Enríquez nº1, 8º . 32003 Ourense.
Pontevedra: Rúa Alcalde Hevia, 7, baixo. 36071 Pontevedra. Atención ao Público: martes e venres de 10:00 a 14:00 horas.
Vigo: Praza de Maruja Mallo nº 1, 1º, 36206 Vigo (Pontevedra)
Santiago de Compostela: Área Central 1º andar, local 25-Z. Polígono de Fontiñas. 15707 Santiago de Compostela.
Enderezos
A Coruña: Ronda de Nelle, nº12 bis, 1º. 15005 A Coruña
Lugo: Praza Santo Domingo, nº 6 5º. 27001 Lugo.
Ourense: Rúa Curros Enríquez nº1, 8º . 32003 Ourense.
Pontevedra: Rúa Alcalde Hevia, 7, baixo. 36071 Pontevedra. Atención ao Público: martes e venres de 10:00 a 14:00 horas.
Vigo: Praza de Maruja Mallo nº 1, 1º, 36206 Vigo (Pontevedra)
Santiago de Compostela: Área Central 1º andar, local 25-Z. Polígono de Fontiñas. 15707 Santiago de Compostela.
Requerimentos:
A renda básica de emancipación está dirixida a mozos e mozas de entre 22 e 30 anos, titulares dun contrato de arrendamento da vivenda na que residen e que conten cunha fonte regular de ingresos inferiores aos 22.000 euros brutos anuais. Pode incluír un préstamo de ata 600 euros para a fianza e 120 euros para costear un aval.
Máis información:
O Instituto Galego de Vivenda e Solo é a encargada de tramitar as solicitudes. Os demandantes deberán dirixirse a calquera das oficinas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo ten nas sete grandes cidades do país, onde recibirá a información sobre todos os requisitos que debe cumprir o demandante e a documentación necesaria.
ENLACES RELACIONADOS:
- Banco de alimentos do Concello de Ourense
Ligazón
- Deducción por Maternidade: dirixido a mulleres con fillos menores de 3 anos, que traballen. É unha deducción total de 1200€ por cada fillo ou filla.
- Prestacións familiares por fillo ou filla ao cargo: dirixido a nais cun fillo ou filla menor de 18 anos ou maior en caso de padecer algún tipo de diversidade funcional. O importe sería de 291€ anuais, no caso de diversidade funcional igual ao 33% tería dereito a percibir 1000€ anuais, se ten un 65% de diversidade funcional ascendería a 4402,80€ e se ten o 75% serían 6604,80€ anuais.
Para descargar os documentos:
Solicitude de prestación por fillo/a ou menor a cargo pinche aquí
Solicitude de prestación por fillo/a a cargo para persoas xurídicas pinche aquí
Solicitude de prestación por fillo/a a cargo, supostos especiais pinche aquí
- Prestación por nacemento ou adopción: dirixida a familias monoparentais, familias numerosas ou nais con diversidade funcional. Realízase un único paga de 1000€ por cada nacemento ou adopción.
Onde solicitala:
A
solicitude e documentación necesaria deberá presentarse en calquera
dos Centros de atención e información da Seguridade Social.
- Prestación por maternidade: dirixida a mulleres traballadoras. A prestación económica consiste nun subsidio equivalente ao 100% da base reguladora correspondente.
- Plan Prepara: teñen dereito as nais solteiras, separadas ou divorciadas con carga familiar. A cuantía é de 400€ para persoas desempregadas.
O
plan prepara é unha axuda económica, destinada a persoas
desempregadas que consta dunha prestación duns 400€ durante un
período de tempo de seis meses e que se encontra acompañado dun
plan de formación que permite a inserción laboral.
- Axuda Familiar: dirixido a persoas desempregadas con cargas familiares que haxan esgotado a prestación de desemprego, a cuantía é de 426€ mensuais.
Prestación para persoas que esgotaran a prestación por desemprego e teñen cargas familiares. Ten unha duración de 6 meses prorrogables ata un máximo de 18 meses. Pódese solicitar na oficina de emprego que corresponda.
O prazo para a solicitude é de 15 días hábiles dende o esgotamento da prestación contributiva.
- Prestación por Paternidade: a prestación por paternidade protexe o dereito do traballador a percibir un subsidio durante os días de suspensión do contrato de traballo, ou cese na actividade, no caso de nacemento dun fillo ou filla, adopción ou acollemento.
Prestación:
A prestación económica consiste nun subsidio equivalente ao 100% da base reguladora que se establecía para a prestación de Incapacidade temporal por continxencias comúns.
Cando se inicia a prestación:
Podrase percibir o subsidio durante o período comprendido:
- Dende a finalización do permiso retribuído por nacemento do fillo ou filla, ou dende a resolución xudicial pola que se constitúe a adopción, ou a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, adopción ou acollemento.
- Ata que finalice o descanso por maternidade ou inmediatamente despois de éste, sempre que se disfrute do descanso correspondente.
Duración:
O período máximo de duración será dende:
- 13 días interrrumpidos, que se poden ampliar en 2 días por cada fillo/a a partir do/a segundo/a, nos supostos de parto, adopción, acollemento múltiple.
- 20 días, cando o novo nacemento, adopción ou acollemento prodúzase nunha familia numerosa ou que adquira, por este feito, dita condición, ou cando na familia existira unha persoa con diversidade funcional en grao igual ou superior ao 33%. Ampliarase en 2 días máis por cada fillo/a a partir do segundo/a, no suposto do parto, adopción ou acollemento múltiple.
- 20 días, cando o fillo/a nacido/a, adoptado/a ou acollido/a teña unha diversidade funcional de a lo menos un 33%.
Poderá disfrutarse en réximer de xornada completa ou parcial dun mínimo do 50%, previo acordo co/a empresario/a e é compatible e independente do disfrute compartido dos períodos de descanso por maternidade.





