Son moitos os
motivos da importancia do ocio en familia. Entre eles, destaca o feito de que
posibilita o disfute por parte das persoas membras da mesma, compartir ese
espazo e tempo de lecer e aprender a relacionarse de maneira positiva coas
persoas e o entorno que nos rodean. Ademais, debemos ter en conta que o
inadecuado manexo do tempo libre, pode actuar como un factor de risco, ao optar
por outros tipos de ocio non saudabeis.
Por isto, cómpre
favorecer nas familias un ocio positivo e activo, que contemple o tempo libre
coma una posibilidade de desenvolverse a nivel persoal, familiar e social.
Destacamos as
seguintes características do ocio para mellor comprensión e uso do mesmo:
- O ocio consiste en facer, en crear. Non significa “tempo de non facer nada”.
- Serve para xerar dinámicas de comunicación e afectividade na familia.
- O ocio saudable favorece tanto o desenvolvemento a nivel persoal (grazas a autorrealización) como a nivel social (grazas a participación dentro dun grupo).
- Débese asumir que a escola tamén debe educar para o ocio e, polo tanto, a implicación dos pais e nais na mesma e algo moi importante.
Para sacar o
mellor partido do tempo libre que vaiamos compartir en familia, resulta moi
útil realizar, en primeiro lugar, unha organización adecuada das mesmas, nas
que se teña en conta as opinión de absolutamente tódolos membros da familia.
A actividade non
ten por qué conlevar sempre un custe económico, existen outras opcións coma
cociñar, ir o campo, visitar a alguén ou quedar con outras familias afíns. Pero
ademáis, moitas veces non coñecemos o resto de posibilidades (gratuitas ou de
baixo custo) que no noso entorno estanse a ofertar. Por isto, creemos convinte
adxuntarvos diferentes enlaces ou páxinas de interese para que poidades facer
do voso tempo libre algo mellor.
Enlaces:
- http://ocioengalicia.com/
- http://lamariola.es/
- http://www.saposyprincesas.com/actividades/galicia/
- http://mini.galiciamaxica.eu/
- http://www.ocioenfamilia.com/tablon_galicia.htm#.VmftJNLhDMw
- http://www.tripadvisor.es/Attractions-g187506-Activities-c56-Galicia.html
- http://eventosyociogalicia.com/index.php/ocio
- http://www.conmishijos.com/actividades-para-ninos/






