Cruz Vermella Ourense.

A Cruz Vermella Española (CRE) é unha institución humanitaria, de carácter voluntario e de interese público, que desenvolve a súa actividade baixo a protección do Goberno de España. Forma parte do Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, cuxo fin é aliviar a dor humana mediante atencións inmediatas de acordo a cada situación en particular.
A continuación compartimos unha ligazón onde aparecen diferentes programas da oficina provincial de Cruz Vermella Ourense que poden ser da vosa utilidade, como pode ser o caso dos que están baixo a denominación de emprego ou formación.