Na actualidade, o desemprego é una das principais problemáticas da sociedade.
afectando non só as persoas individualmente, nin só a a un país e a súa economía;
E importante tamén...
que a través desta ferramenta consigamos crear unha rede de apoio entre aquelas persoas e familias participantes, de tal maneira que este blog sexa o canle para afrontar as diferentes situación familiares dunha forma máis doada.
Cruz Vermella Ourense.
A Cruz Vermella Española (CRE) é unha institución humanitaria, de carácter voluntario e de interese público, que desenvolve a súa actividade baixo a protección do Goberno de España. Forma parte do Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, cuxo fin é aliviar a dor humana mediante atencións inmediatas de acordo a cada situación en particular.
A continuación compartimos unha ligazón onde aparecen diferentes programas da oficina provincial de Cruz Vermella Ourense que poden ser da vosa utilidade, como pode ser o caso dos que están baixo a denominación de emprego ou formación.
SEPE Ourense.

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) é un organismo autónomo adscrito ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social. O SEPE, xunto cos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas, forman o Sistema Nacional de Emprego. Este sistema asume as funcións do extinto Instituto Nacional de Emprego (INEM) dende 2003. Dende esta estrutura estatal promóvense, deséñanse e desenvólvense medidas e accións para o emprego, cuxa execución é descentralizada, axustadas ás diferentes realidades territoriais.
Oficinas na cidade:- Ourense-Centro. R/ Progreso, 11.
- Ourense-A Ponte. R/ San Francisco Blanco, 2.
Ligazón formación: http://www.sepe.es/contenidos/personas/formacion/cursos/buscador_cursos.html
Universidade Popular Ourense.
A Universidade Popular é un proxecto de desenvolvemento cultural no municipio, unha institución aberta a toda a cidadadanía en relación coas necesidades e intereses da mesma, as opinións das persoas participantes, así como os métodos e formas de traballo máis axustados para garantir unha aprendizaxe activa e creativa. Diríxese a promover a participación social e a educación continua para mellorar a calidade de vida.








