Resolución de Conflictos

O conflicto é un feito cotidiano ao que todos e todas nos enfrentamos no noso traballo, nas nosas relacións co vecindario, coas nosas amizades e por suposto tamén na FAMILIA. Estes conflictos prodúcense de moitas formas e con distinta intensidade e en tódolos niveis do comportamento. O conflicto é algo natural que xurde das situacións propias da convivencia e das relacións humanas e máis dentro do núcleo FAMILIAR; forma parte da nosa vida. Se isto é así, porque nos sentimos mal cando estamos inmersos e inmersas nun conflicto? Porque o relacionamos con algo negativo? Porque os evitamos en vez de afrontalos e intentar resolvelos de maneira que sexa beneficioso para ambas partes? Todo isto fai que a comunicación se interrumpa, que as nosas actitudes tendan a polarizarse e que nos sintamos feridos/as. Hai que pensar nalgún conflicto do pasado que foi resolto establecendo relacións máis positivas coas demáis persoas.

O feito de que relacionemos o CONFLICTO con algo negativo fai que en moitas situacións, esa situación se xestione de maneira insatisfactoria. Máis concretamente, o vínculo que se crea na FAMILIA permite ter ferramentas suficientes para establecer tanto relacións positivas como negativas. Existen diferentes tipos de familias e se poden facer numerosas clasificacións en relación ao social, recursos ou según o nivel económico pero todo xira, dunha maneira ou outra en crear espazos onde as persoas se sintan queridas ou valoradas ou, pola contra, que se sintan incomprendidas ou non recoñecidas. A cercanía e a continuidade das RELACIÓNS FAMILIARES fan máis intesos os conflictos que se xeneran. Un dato a ter en conta é que o contexto familiar, digamos que ten unha complicidade añadida xa que é o que máis perdura ao longo do tempo; aínda que a estructura se transforme, as persoas que o compoñen cambia e os ciclos que atravesa a familia tamén. Por elo, é moi común que os conflictos que se creían resoltos nunha época anterior cobren nova vida noutra etapa. Tampouco hai que olvidar que as confrontacións familiares afectan ademáis de á identidade das persoas membros, á da familia como sistema interpersoal, económico e social, de ahí a súa importancia e complicidade.

  • A continuación expondremos unhas estratexias que nos poden axudar a encontrar solucións satisfactorias e adecuadas aos conflictos familires:
ESCOITA ACTIVA: a escoita vai ser efectiva cando realmente entendamos o que a outra parte nos quere dicir e cando esa parte dese conta de que así foi.
Clarificar, parafrasear, resumir con técnicas que debemos empregar para facilitar esa escoita activa. De vez en cando debemos preguntar para saber que o que se oíu é o correcto, tamén debemos repetir coas nosas palabras o que se dixo para ver se é o mesmo que nós creemos e resumir.

FALAR: como nos expresamos, o ton que empregamos, as palabas, as expresións...son un conxunto de compoñentes que inflúen en crear un bo ambiente e facilitar a resolución do conflicto familiar ou pode provocar a non chegar a un acordo. Se cambiamos a linguaxe podemos cambiar o escenario da discusión e tal vez, o resultado.
PARTICIPAR: para poder resolver un conflicto familiar lo primero de todo es querer solucionarlo y mostrar interés para conseguir el bien común. Non debemos calarnos o que pensemos e temos que empregar a asertividade para participar no conflicto e por suposto dar a oportunidade á outra parte a facelo libremente.

COLABORAR: non hai que competir, hai que colaborar. Nun conflicto familiar ou son todos e todas gañadores/as ou todos/as perdedores/as; se non se chega a unha solucción beneficiosa para ambas partes, o conflicto segue estando ahí, inclúe de forma indirecta ou directa a todos e todas os/as mebros que conforman a familia.

EMPATÍA: é a capacidade de “poñernos no lugar” da outra persoa. Debemos entender e comprender o conflito dende a perspectiva oposta(polo menos nun primer momento) para así poder recopilar todas as versións.