Máis de 2,7 millóns de nenos e nenas en España son candidatas á pobreza. A
realidade da pobreza infantil en España non mellorou, a crise e os
recortes sociais cebáronse sobre a poboación máis vulnerable nos últimos
anos e especialmente sobre a infancia.
En España hai 1.754.000 fogares formados por unha nai ou un pai cos seus
fillos e fillas. O 82% deles encabézaos unha muller, son as coñecidas como
familias monomarentales. Nestas familias máis da metade dos nenos e nenas viven
en situación de pobreza, unha realidade que se agrava debido á situación
particular que, pola súa condición de nais soas, viven estas familias. Más solas que nunca