"Los hijos de la crisis" por Redrum Films. Hai pobreza infantil en España? Diversos informes avalan que máis do 30% da
poboación infantil española sofre este problema. Un efecto provocado
pola crise económica que sofre unha gran parte de Europa. Nesta
reportaxe analizase esta situación xunto a diversos organismos como
Unifec ou Educo, sen deixar de lado a parte que máis está sufrindo esta
situación como a asociación de veciños das Lagunillas ou o testemuño de
Ana Mari, unha muller que loita por poñer un prato de comida a diario na
súa mesa.
Nais soas, familias vulnerables. En
España hai preto de medio millón de mulleres que levan elas soas as
rendas da familia. É un dos colectivos con máis risco de sufrir
exclusión social, especialmente si a nai é inmigrante. O nivel de
pobreza é moi elevado porque as dificultades que se atopan á hora de
conciliar traballo e familia restrínxenlles o acceso ao mercado laboral. Babel en TVE.12 de decembro de 2010. Ver reportaxe
O Obxectivo analiza a pobreza infantil na España da crise, con 3 de cada
10 nenos/as en risco de exclusión. Unicef recolle que os e as pequenas son quen
máis están sufrindo a recesión, moitas veces por mor da ineptitude de
quen gestionan esta situación. O pai Anxo, presidente de Mensajeros da Paz, afirma respecto diso:"Los políticos a veces creen que las ONG somos adversarios u opositores. Somos colaboradores y a veces sustitutos".
Debate sobre familias monoparentais. Para todos la 2 en RTVE. Ver debate
Inocentes, la pobreza infantil en España. Unha reportaxe sobre a situación da pobreza infantil en España.