Vídeo titorial: como facer unha carta de presentación



O Curriculum Vitae pode ir acompañado dunha carta de presentación. Os obxectivos fundamentais da carta de presentación son dous:
  • Despertar o interés de quen vai recibir a túa candidatura (que lea o teu Curriculum Vitae con atención).
  • Poñer de relevo os datos máis destacados do teu Curriculum Vitae, que fan de ti a persoa idónea para ese posto de traballo.



Temos que ter en conta que a carta de presentación é o envoltorio do Curriculum e é o que vai marcar a diferencia respecto a outros/as candidatos/as; debemos intentar dar a impresión de que lle dedicamos tempo e atención á hora de redactarla e, sobre todo, que está diseñada, única e exclusivamente para unha oferta, candidatura ou agradecemento concreto.