Vídeo tutorial: Como facer o teu CURRICULUM VITAE


O "Curriculum Vitae" ou "curriculum" é un resumo dos datos personais, académicos e profesionais do/a aspirante a un posto de traballo. O seu obxectivo é conseguir unha entrevista de traballo, e unha entrevista de traballo ten como propósito conseguir un emprego. A persoa que realiza a entrevista, a partir da carta de presentación (que se explicará noutra entrada), do curriculum e da entrevista, tratará de facer un perfil e ver se o/a aspirante encaixa no traballo que ofrece, de ahí ven a importancia de elaborar un bo curriculum e dar unha impresión positiva, favorable e convicente. 

  

Recomendacións para a elaboración: 
  • Adaptarlo á oferta de traballo á que se opta, destacando as cualidades personais, formativas e experiencia laboral, de maior relevancia e relacionadas co posto de traballo concreto. 
  • Estructurarlo e distribuirlo armónicamente nos diferentes apartados. 
  • Redactarlo de forma clara, obxectiva, ser sincero/a e preciso na información e no contenido que se aporte, procurando non exagerar nin mentir. 
  • Ser positivo/a e non contar información que poida perxudicar (problemas personais, fracaso profesional ou educativo). Evitar frases negativas.
  • Facerlo interesante, para que as persoas seleccionadoras lles interese facer a entrevista.
  • A súa extensión non debe ser maior de catro páxinas, salvo que pidan de forma expresa un currículo detallado.
  • É conveniente que todas as páxinas leven o nome e apelido, así como o número de páxina no pé. Tamén resulta conveniente incluir unha fotografía recente.
  • Unha vez saibades a oferta que vos interesa, hai que enviar o currículum o máis rápido posible. 
  • Terminado o currículum é importante fotocopiarlo e archivarlo, enviando o orixinal.