Familias Monoparentais

A familia monoparental é un modelo cada vez máis frecuente no noso entorno e que está tomando relevancia non só polo aumento espectacular do seu número, senon tamén pola problemática social que acarrexa.

Existen diversos tipos de familias, das cuales se consideran familias monoparentais aquelas constituídas por:
    Pais e nais divorciados/as, os fillos ou fillas quedan ao cargo ou da nai ou do pai.
    Nais adolescentes.
    Nais solteiras.
    Fallecemento dun dos cónxugues.
    Adopción en solitario.


É evidente que estamos evolucionando cara un modelo de familia moderna que difere, da familia tradicional. A mediados dos anos 70 é cando comeza a cambiar a sociedade española pero non será ata o longo dos 80 cando estes cambios se formalicen.
En relación aos cambios demográficos podemos sinalar:
    Cambios producidos no comportamento reproductivo como consecuencia dun retraso na idade de contraer matrimonio que implica a reducción da natalidade e o retraso na maternidade.
    Progresivo alargamento da esperanza de vida e a súa calidade(disinución notablemente do impacto da moratlidade en xeral, e da infantil en particular).
Nos cambios ideolóxicos podemos falar de:
    Incorporación masiva da muller ao mercado laboral o que nos posibilitou o acceso a outros ámbitos como á política, cultura...abrindo mentes e eliminando a concepción de que a muller ten que estar na casa ao coidado dos seus fillos e/ou fillas renegándoias ao ámbito privado. O feito de ter fillos ou fillas pasa de ser unha obligación a unha elección.

Outro raso a destacar que presentan actualmente os fogares familiares é o da estancia tan prolongada dos/as xóvenes adultos/as que pode ser pola prolongación dos anos de estudo, pola dificultade da incorporación ao mundo laboral que che impide conseguir outras cousas como independencia ou a posibilidade de ser autosuficiente
Tamén as funcións que tradicionalmente exercía a familia como os cuidados ás persoas maiores, aos fillos e fillas foron relegadas a outras institucións, máis a familia especializouse en traballar funcións de carácter afectiva que fai que se siga considerando como unha institución de vital importancia para as persoas que a conforman.
A evolución acerca dos pensamentos sexuais, as actitudes positivas cara o divorcio, a universalización da educación e a transición política, son entre outros, aspectos que afectan profundamente á institución familiar e a súa dinámica interna, posibilitando a aparición de diferentes formas de agrupación familiar.
Problemática das familias monoparentais:
1.    O emprego, aspectos económicos: a búsqueda de emprego plantexa problemas de tipo informativo ou consultativo xa que a persoa de referencia precisa dunha orientación de cómo debe facer. Existen prexuízos que dificultan poder demostrar a valía para desempeñar un posto de traballo.
2.    A educación recibida: moitas mulleres proceden de clases baixas ou medias que teñen mentalidades nas que en xeral non se deu moita importancia á educación xa que non tiñan máis aspiracións que a de formar unha familia e coidar dela (mantemento do rol tradicional que lle perxudica a nivel educativo e polo tanto tamén ao nivel laboral).
3.    Problemáica Psicosocial que se pode definir nos seguintes termos:
    As posibilidades de distracción e de relacións das familias monoparentais son máis limitadas.
    O coidado dos/as menores por parte dun só proxenitor/a
    A miúdo, a ruptura da convivencia familiar supón, ademáis, a erradicación do propio ambiente, pérdida de amizades e relacións.
     Prexuizos e actitudes de condena social cara a nai soltera, separada ou divorciada.
    O conxunto destas condicións unido á baixa renda das familias repercute no estado psicolóxico e físico dos fillos/as que xa se encontran desfavorecidos.
    Vivenda: constitúe un dos problemas máis graves para as nais que educan aos seus fillos/as soas. Unha das preocuapación máis impotantes é atopar unha vivenda digna para poder coidar das persoas que tes ao cargo.

Ata agora, moitas das áreas problemáticas mencionadas nas familias monoparentais , referíanse principalmente a familias en que a proxenitora é a nai , pero tamén é importante mencionar familias monoparentais cuxo persoa de referencia da familia é o pai , aínda que en menos proporción, tamén existen.
Este tipo de familia é unha minoría dentro do número de familias monoparentais existentes na sociedade , pero non hai que esquecer que este feito dase tamén na actualidade e que cada vez máis a tendencia é o seu aumento debido a cambios de mentalidade e costumes que están sucedendo.
Estas familias tamén se enfrentan aos problemas mancionados anteriormente pero a diferenza máis significativa é que os homes non sufren a discriminación laboral na medida que o pode padecer a muller. Os problemas cos que ten que lidiar un pai, céntranse no aspecto da súa capacidade para levar a cabo a educación de seus fillos e fillas e das tarefas do fogar(asumir o rol que tradicionalmente foi asumido pola muller). 


Películas


  • Techo y comida (Juan Miguel del Castillo, 2015)
      Unha película de Juan Miguel del Castillo con Natalia de Molina. Rocío é unha nova nai solteira e sen traballo que non recibe ningún tipo de axuda nin subsidio polo que non pode facer fronte aos pagos do aluguer do piso no que vive. Entre a vergonza e o temor a perder tutélaa do seu fillo Adrián, de 8 anos, Rocío sofre en soidade unha situación de precariedad que lonxe de mellorar, empeora cada día.Unha historia conmovedora, tenra e dura ao mesmo tempo, tan necesaria como incómoda que pon ao descuberto as vergonzas dun sistema que abandona ás persoas. 



  • Las nieves do Kilimanjaro (Robert Guédiguian, 2011)
      A película retrata as consecuencias da crise económica, que obriga ao sindicato de traballadores de astilleros a sortear públicamente o nome dos vinte empregados que a empresa ten que despedir para evitar a pechadura. Un dos escolleitos, Michel, representante dos traballadores, trata de facer fronte ao seu cese laboral, á vez que celebra o seu aniversario con Marie­Claire, en compañía de fillos, netos e amigos que lles fan un agasallo moi especial: unha viaxe ao Kilimanjaro.




  • En busca de la felicidad (Gabriele Muccino, 2006)
      Will Smith interpreta a un personaxe real, Chris Gardner, un tipo brillante. Casado, Gardner ten
un neno de cinco anos, pero apostou polo cabalo equivocado. Tempo atrás, investiu o seu diñeiro en comprar decenas de unidades dun sofisticado escáner médico. Pero os escáneres convencionais parecen suficientes, e os médicos considérano un luxo prescindible, polo seu elevado prezo. Así que Gardner véndeos con dificultade, o que lle ocasiona problemas para
chegar a fin de mes. Debido ás penalidades, Linda deixa ao seu esposo co neno. Ocorre xusto  no momento en que Gardner descubriu a súa verdadeira vocación, converterse en corredor de bolsa. Con tenacidade, logra que lle acepten como becario nunha empresa, coa posibilidade de ser contratado. Deberá compatibilizalo con vender escáneres, atender ao seu fillo, e liquidar o "pequeno" problema de que se quedou sen casa.










Axudas Familiares

Nesta sección ofertarase a información das axudas que hai a nivel estatal como por comunidade que poden ser de interese:


  • Traballo e subencións para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local no ámbito de colaboración coas entidades locais.
Esta orde ten por finalidade o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local, no ámbito da colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria coas entidades locais, a través dos programas de cooperación, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na implantación das políticas activas de emprego e a xeración de emprego no contorno local.
 
En prazo de presentacion:Data límite:21/12/2015


  • Educación: axudas para a adquisición de material escolar.
O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16, que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a dita axuda, resultase excluído por unha causa emendable.


  • Educación: axudas para o inicio de estudos universitarios no curso 2015/2016 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
O obxecto desta convocatoria é convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula universitaria dos alumnos e alumnas que inicien estudos universitarios no curso 2015/16 no Sistema universitario de Galicia conducentes á obtención dun título oficial de grao.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 28 de outubro.


  • Traballo: Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia. 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 19 de setembro.

  • Traballo: subvencións para a promoción do emprego autónomo das persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas novas desempregadas que figuren inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil como interesadas en recibir as accións executadas no contexto da garantía xuvenil e que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia. 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de setembro.

  • Programa Aluga

O IGVS considera a dinamización do mercado do aluguer un dos seus obxectivos prioritarios. Por isto establece unha serie de medidas que axudan, tanto ao propietario coma ao demandante de vivenda de aluguer, a satisfacer as súas necesidades respectivas.

  • Axuda para o aluguer: Renda básica de emancipación.
Descrición:
O Instituto Galego de Vivenda e Solo é a encargada de tramitar as solicitudes. Os demandantes deberán dirixirse a calquera das oficinas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo ten nas sete grandes cidades do país, onde recibirá a información sobre todos os requisitos que debe cumprir o demandante e a documentación necesaria. 
Enderezos
A Coruña: Ronda de Nelle, nº12 bis, 1º. 15005 A Coruña
Lugo:  Praza Santo Domingo, nº 6 5º. 27001 Lugo. 
Ourense: Rúa Curros Enríquez nº1, 8º . 32003 Ourense. 
Pontevedra: Rúa Alcalde Hevia, 7, baixo. 36071 Pontevedra. Atención ao Público: martes e venres de 10:00 a 14:00 horas.
Vigo: Praza de Maruja Mallo nº 1, 1º, 36206 Vigo (Pontevedra)
Santiago de Compostela: Área Central 1º andar, local 25-Z. Polígono de Fontiñas. 15707 Santiago de Compostela.

Requerimentos:
A renda básica de emancipación está dirixida a mozos e mozas de entre 22 e 30 anos, titulares dun contrato de arrendamento da vivenda na que residen e que conten cunha fonte regular de ingresos inferiores aos 22.000 euros brutos anuais. Pode incluír un préstamo de ata 600 euros para a fianza e 120 euros para costear un aval.

Máis información:

O Instituto Galego de Vivenda e Solo é a encargada de tramitar as solicitudes. Os demandantes deberán dirixirse a calquera das oficinas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo ten nas sete grandes cidades do país, onde recibirá a información sobre todos os requisitos que debe cumprir o demandante e a documentación necesaria.

ENLACES RELACIONADOS:



  • Banco de alimentos do Concello de Ourense
Ligazón

  • Deducción por Maternidade: dirixido a mulleres con fillos menores de 3 anos, que traballen. É unha deducción total de 1200€ por cada fillo ou filla.

  • Prestacións familiares por fillo ou filla ao cargo: dirixido a nais cun fillo ou filla menor de 18 anos ou maior en caso de padecer algún tipo de diversidade funcional. O importe sería de 291€ anuais, no caso de diversidade funcional igual ao 33% tería dereito a percibir 1000€ anuais, se ten un 65% de diversidade funcional ascendería a 4402,80€ e se ten o 75% serían 6604,80€ anuais.

Para descargar os documentos:

Solicitude de prestación por fillo/a ou menor a cargo pinche aquí


Solicitude de prestación por fillo/a a cargo para persoas xurídicas pinche aquí


Solicitude de prestación por fillo/a a cargo, supostos especiais pinche aquí



  • Prestación por nacemento ou adopción: dirixida a familias monoparentais, familias numerosas ou nais con diversidade funcional. Realízase un único paga de 1000€ por cada nacemento ou adopción.
Onde solicitala:
A solicitude e documentación necesaria deberá presentarse en calquera dos Centros de atención e información da Seguridade Social.

  • Prestación por maternidade: dirixida a mulleres traballadoras. A prestación económica consiste nun subsidio equivalente ao 100% da base reguladora correspondente.


  • Plan Prepara: teñen dereito as nais solteiras, separadas ou divorciadas con carga familiar. A cuantía é de 400€ para persoas desempregadas.
O plan prepara é unha axuda económica, destinada a persoas desempregadas que consta dunha prestación duns 400€ durante un período de tempo de seis meses e que se encontra acompañado dun plan de formación que permite a inserción laboral.


  • Axuda Familiar: dirixido a persoas desempregadas con cargas familiares que haxan esgotado a prestación de desemprego, a cuantía é de 426€ mensuais.
Prestación para persoas que esgotaran a prestación por desemprego e teñen cargas familiares. Ten unha duración de 6 meses prorrogables ata un máximo de 18 meses. Pódese solicitar na oficina de emprego que corresponda.
O prazo para a solicitude é de 15 días hábiles dende o esgotamento da prestación contributiva.

  • Prestación por Paternidade: a prestación por paternidade protexe o dereito do traballador a percibir un subsidio durante os días de suspensión do contrato de traballo, ou cese na actividade, no caso de nacemento dun fillo ou filla, adopción ou acollemento.
Prestación:
A prestación económica consiste nun subsidio equivalente ao 100% da base reguladora que se establecía para a prestación de Incapacidade temporal por continxencias comúns.

Cando se inicia a prestación:
Podrase percibir o subsidio durante o período comprendido:
  • Dende a finalización do permiso retribuído por nacemento do fillo ou filla, ou dende a resolución xudicial pola que se constitúe a adopción, ou a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, adopción ou acollemento.
  • Ata que finalice o descanso por maternidade ou inmediatamente despois de éste, sempre que se disfrute do descanso correspondente.
Duración:
O período máximo de duración será dende:
  • 13 días interrrumpidos, que se poden ampliar en 2 días por cada fillo/a a partir do/a segundo/a, nos supostos de parto, adopción, acollemento múltiple.
  • 20 días, cando o novo nacemento, adopción ou acollemento prodúzase nunha familia numerosa ou que adquira, por este feito, dita condición, ou cando na familia existira unha persoa con diversidade funcional en grao igual ou superior ao 33%. Ampliarase en 2 días máis por cada fillo/a a partir do segundo/a, no suposto do parto, adopción ou acollemento múltiple.
  • 20 días, cando o fillo/a nacido/a, adoptado/a ou acollido/a teña unha diversidade funcional de a lo menos un 33%.
Poderá disfrutarse en réximer de xornada completa ou parcial dun mínimo do 50%, previo acordo co/a empresario/a e é compatible e independente do disfrute compartido dos períodos de descanso por maternidade.














Ocio en familia

Son moitos os motivos da importancia do ocio en familia. Entre eles, destaca o feito de que posibilita o disfute por parte das persoas membras da mesma, compartir ese espazo e tempo de lecer e aprender a relacionarse de maneira positiva coas persoas e o entorno que nos rodean. Ademais, debemos ter en conta que o inadecuado manexo do tempo libre, pode actuar como un factor de risco, ao optar por outros tipos de ocio non saudabeis.
Por isto, cómpre favorecer nas familias un ocio positivo e activo, que contemple o tempo libre coma una posibilidade de desenvolverse a nivel persoal, familiar e social.
Destacamos as seguintes características do ocio para  mellor comprensión e uso do mesmo:
  •  O ocio consiste en facer, en crear. Non significa “tempo de non facer nada”.
  • Serve para xerar dinámicas de comunicación e afectividade na familia.
  • O ocio saudable favorece tanto o desenvolvemento a nivel persoal (grazas a autorrealización) como a nivel social (grazas a participación dentro dun grupo).
  •   Débese asumir que a escola  tamén debe educar para o ocio e, polo tanto, a implicación dos pais e nais na mesma e algo moi importante.





Para sacar o mellor partido do tempo libre que vaiamos compartir en familia, resulta moi útil realizar, en primeiro lugar, unha organización adecuada das mesmas, nas que se teña en conta as opinión de absolutamente tódolos membros da familia.
A actividade non ten por qué conlevar sempre un custe económico, existen outras opcións coma cociñar, ir o campo, visitar a alguén ou quedar con outras familias afíns. Pero ademáis, moitas veces non coñecemos o resto de posibilidades (gratuitas ou de baixo custo) que no noso entorno estanse a ofertar. Por isto, creemos convinte adxuntarvos diferentes enlaces ou páxinas de interese para que poidades facer do voso tempo libre algo mellor.

Enlaces:

Resolución de Conflictos

O conflicto é un feito cotidiano ao que todos e todas nos enfrentamos no noso traballo, nas nosas relacións co vecindario, coas nosas amizades e por suposto tamén na FAMILIA. Estes conflictos prodúcense de moitas formas e con distinta intensidade e en tódolos niveis do comportamento. O conflicto é algo natural que xurde das situacións propias da convivencia e das relacións humanas e máis dentro do núcleo FAMILIAR; forma parte da nosa vida. Se isto é así, porque nos sentimos mal cando estamos inmersos e inmersas nun conflicto? Porque o relacionamos con algo negativo? Porque os evitamos en vez de afrontalos e intentar resolvelos de maneira que sexa beneficioso para ambas partes? Todo isto fai que a comunicación se interrumpa, que as nosas actitudes tendan a polarizarse e que nos sintamos feridos/as. Hai que pensar nalgún conflicto do pasado que foi resolto establecendo relacións máis positivas coas demáis persoas.

O feito de que relacionemos o CONFLICTO con algo negativo fai que en moitas situacións, esa situación se xestione de maneira insatisfactoria. Máis concretamente, o vínculo que se crea na FAMILIA permite ter ferramentas suficientes para establecer tanto relacións positivas como negativas. Existen diferentes tipos de familias e se poden facer numerosas clasificacións en relación ao social, recursos ou según o nivel económico pero todo xira, dunha maneira ou outra en crear espazos onde as persoas se sintan queridas ou valoradas ou, pola contra, que se sintan incomprendidas ou non recoñecidas. A cercanía e a continuidade das RELACIÓNS FAMILIARES fan máis intesos os conflictos que se xeneran. Un dato a ter en conta é que o contexto familiar, digamos que ten unha complicidade añadida xa que é o que máis perdura ao longo do tempo; aínda que a estructura se transforme, as persoas que o compoñen cambia e os ciclos que atravesa a familia tamén. Por elo, é moi común que os conflictos que se creían resoltos nunha época anterior cobren nova vida noutra etapa. Tampouco hai que olvidar que as confrontacións familiares afectan ademáis de á identidade das persoas membros, á da familia como sistema interpersoal, económico e social, de ahí a súa importancia e complicidade.

  • A continuación expondremos unhas estratexias que nos poden axudar a encontrar solucións satisfactorias e adecuadas aos conflictos familires:
ESCOITA ACTIVA: a escoita vai ser efectiva cando realmente entendamos o que a outra parte nos quere dicir e cando esa parte dese conta de que así foi.
Clarificar, parafrasear, resumir con técnicas que debemos empregar para facilitar esa escoita activa. De vez en cando debemos preguntar para saber que o que se oíu é o correcto, tamén debemos repetir coas nosas palabras o que se dixo para ver se é o mesmo que nós creemos e resumir.

FALAR: como nos expresamos, o ton que empregamos, as palabas, as expresións...son un conxunto de compoñentes que inflúen en crear un bo ambiente e facilitar a resolución do conflicto familiar ou pode provocar a non chegar a un acordo. Se cambiamos a linguaxe podemos cambiar o escenario da discusión e tal vez, o resultado.
PARTICIPAR: para poder resolver un conflicto familiar lo primero de todo es querer solucionarlo y mostrar interés para conseguir el bien común. Non debemos calarnos o que pensemos e temos que empregar a asertividade para participar no conflicto e por suposto dar a oportunidade á outra parte a facelo libremente.

COLABORAR: non hai que competir, hai que colaborar. Nun conflicto familiar ou son todos e todas gañadores/as ou todos/as perdedores/as; se non se chega a unha solucción beneficiosa para ambas partes, o conflicto segue estando ahí, inclúe de forma indirecta ou directa a todos e todas os/as mebros que conforman a familia.

EMPATÍA: é a capacidade de “poñernos no lugar” da outra persoa. Debemos entender e comprender o conflito dende a perspectiva oposta(polo menos nun primer momento) para así poder recopilar todas as versións.