A familia monoparental é un modelo cada vez máis frecuente no noso entorno e que está tomando relevancia non só polo aumento espectacular do seu número, senon tamén pola problemática social que acarrexa.
Existen diversos tipos de familias, das cuales se
consideran familias monoparentais aquelas constituídas por:
•
Pais e nais divorciados/as, os
fillos ou fillas quedan ao cargo ou da nai ou do pai.
•
Nais adolescentes.
•
Nais solteiras.
•
Fallecemento dun dos cónxugues.
•
Adopción en solitario.
É evidente que estamos evolucionando cara un modelo de
familia moderna que difere, da familia tradicional. A mediados dos anos 70 é
cando comeza a cambiar a sociedade española pero non será ata o longo dos 80
cando estes cambios se formalicen.
En relación aos cambios demográficos podemos
sinalar:
•
Cambios producidos no comportamento
reproductivo como consecuencia dun retraso na idade de contraer matrimonio que
implica a reducción da natalidade e o retraso na maternidade.
•
Progresivo alargamento da esperanza de
vida e a súa calidade(disinución notablemente do impacto da moratlidade en
xeral, e da infantil en particular).
Nos cambios ideolóxicos podemos falar de:
•
Incorporación masiva da muller ao
mercado laboral o que nos posibilitou o acceso a outros ámbitos como á
política, cultura...abrindo mentes e eliminando a concepción de que a muller
ten que estar na casa ao coidado dos seus fillos e/ou fillas renegándoias ao
ámbito privado. O feito de ter fillos ou fillas pasa de ser unha obligación a
unha elección.
Outro raso a destacar que presentan actualmente os fogares
familiares é o da estancia tan prolongada dos/as xóvenes adultos/as que pode
ser pola prolongación dos anos de estudo, pola dificultade da incorporación ao
mundo laboral que che impide conseguir outras cousas como independencia ou a
posibilidade de ser autosuficiente
Tamén as funcións que tradicionalmente exercía a familia como os
cuidados ás persoas maiores, aos fillos e fillas foron relegadas a outras
institucións, máis a familia especializouse en traballar funcións de carácter
afectiva que fai que se siga considerando como unha institución de vital
importancia para as persoas que a conforman.
A evolución acerca dos pensamentos sexuais, as actitudes positivas cara
o divorcio, a universalización da educación e a transición política, son entre
outros, aspectos que afectan profundamente á institución familiar e a súa
dinámica interna, posibilitando a aparición de diferentes formas de agrupación
familiar.
Problemática das familias monoparentais:
1.
O emprego, aspectos económicos: a búsqueda de
emprego plantexa problemas de tipo informativo ou consultativo xa que a persoa
de referencia precisa dunha orientación de cómo debe facer. Existen prexuízos
que dificultan poder demostrar a valía para desempeñar un posto de traballo.
2.
A educación recibida: moitas mulleres proceden de
clases baixas ou medias que teñen mentalidades nas que en xeral non se deu
moita importancia á educación xa que non tiñan máis aspiracións que a de formar
unha familia e coidar dela (mantemento do rol tradicional que lle perxudica a
nivel educativo e polo tanto tamén ao nivel laboral).
3.
Problemáica Psicosocial que se pode definir nos
seguintes termos:
•
As posibilidades de distracción e de relacións das
familias monoparentais son máis limitadas.
•
O coidado dos/as menores por parte dun só
proxenitor/a
•
A miúdo, a ruptura da convivencia familiar supón,
ademáis, a erradicación do propio ambiente, pérdida de amizades e relacións.
•
Prexuizos e
actitudes de condena social cara a nai soltera, separada ou divorciada.
•
O conxunto destas condicións unido á baixa renda
das familias repercute no estado psicolóxico e físico dos fillos/as que xa se
encontran desfavorecidos.
•
Vivenda: constitúe un dos problemas máis graves
para as nais que educan aos seus fillos/as soas. Unha das preocuapación máis
impotantes é atopar unha vivenda digna para poder coidar das persoas que tes ao
cargo.
Ata agora, moitas das áreas
problemáticas mencionadas nas familias monoparentais , referíanse
principalmente a familias en que a proxenitora é a nai , pero tamén é
importante mencionar familias monoparentais cuxo persoa de referencia da
familia é o pai , aínda que en menos proporción, tamén existen.
Este tipo de familia é unha
minoría dentro do número de familias monoparentais existentes na sociedade ,
pero non hai que esquecer que este feito dase tamén na actualidade e que cada
vez máis a tendencia é o seu aumento debido a cambios de mentalidade e costumes
que están sucedendo.
Estas familias tamén se enfrentan aos problemas mancionados
anteriormente pero a diferenza máis significativa é que os homes non sufren a
discriminación laboral na medida que o pode padecer a muller. Os problemas cos
que ten que lidiar un pai, céntranse no aspecto da súa capacidade para levar a
cabo a educación de seus fillos e fillas e das tarefas do fogar(asumir o rol
que tradicionalmente foi asumido pola muller).





