SEPE Ourense.



O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) é un organismo autónomo adscrito ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social. O SEPE, xunto cos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas, forman o Sistema Nacional de Emprego. Este sistema asume as funcións do extinto Instituto Nacional de Emprego (INEM) dende 2003. Dende esta estrutura estatal promóvense, deséñanse e desenvólvense medidas e accións para o emprego, cuxa execución é descentralizada, axustadas ás diferentes realidades territoriais.
Oficinas na cidade:

  • Ourense-Centro. R/ Progreso, 11.
  • Ourense-A Ponte. R/ San Francisco Blanco, 2.